viernes, 22 de abril de 2016

Reflexionando sobre a Terra no día da Terra

Día da Terra: por qué hai que protexer a pequena biodiversidade?

Día da Terra: a polución mata cada ano a sete millóns de persoas


1 comentario:

  1. 22 DE ABRIL: Día da Terra, o noso fogar. Non temos que coidala e respetala este día, senón todos. Isto podemos facelo evitando a contaminación de diferentes maneiras protexendo así a biodiversidade, un dos tesouros máis profundos dos que goza a Terra. Temos que preservar e protexer a todas as especies: no primeiro artículo faise incapé nos escaraballos, nas abellas (que polinizan máis dun terzo de todas as flores), pequenos microorganismos, etc, que se encontran en serio perigo de extinción por culpa de pesticidas e biocidas empregados nos cultivos, que á vez estes provocan a contaminación da auga.

    Por outro lado, no segundo artículo falase da perigosidade da contaminación a nivel humano. O incremento dos gases de efecto invernadoiro non terían xa suficientes consecuencias no medio ambiente (cambio climático, aumento da temperatura, desxeo dos polos, subida do nivel do mar, etc), senón que ahora un deles tamén produce mortes. O monóxido de carbono, despois de ser inhalado combínase coa hemogoblina do sangue impedindo así que entre o oxíxeno no organismo. Produciu xa sete millóns de mortes en todo o mundo. O dereito ao aire limpo é un dereito que estamos "perdendo" paulatinamente. As consecuencias para a saúde son moitas e diversas; dende o dano respiratorio pasando pola irritación dos ollos ata a neumonía. Debemos priorizar e axudar á biocenosis coa lexislación, con multas e demáis para aprender a valorar o que é de todos.《Que todos os días sean días da Terra》.

    ResponderEliminar